solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de marzo de 2015

COÑECENDO O RÍO TEA

 No mes de Febreiro iniciamos o estudo dos ecosistemas comezando polo noso río Tea. Marcial e Dani , encargados do centro mediambiental da Freixa viñeron ao noso centro a darnos unha interesante charla con proxección dun video sobre as especies que habitan no río .

 Ao día seguinte, os quintos, fomos ata a Freixa.
 In situ, explicáronnos como protexen e recuperan moitas especies vexetais e animais que conforman ese entorno do río.
 Ensináronnos trampas que recollen dos cazadores e pescadores furtivos...
  
Explicáronnos como recollen e marcan as especies migratorias




E logo de descansar voltamos ao cole contentos de ter aprendido, dun xeito diferente, aspectos dos ecosistemas  que non veñen nos libros. 

Moitas grazas a Marcial e a Dani polas súas interesantes explicacións!!!


viernes, 20 de junio de 2014

EXCURSIÓN FIN DE PRIMARIA!!

O 2 de xuño saimos cheos de ilusión cara a aula de natureza  Xesteira (Pontevedra). Iamos pasar , xunto cos de 6º D, uns días de convivencia ,de xogos ao aire libre, rutas polo río Verduxo... O único que nos entristecía era que non puideran vir todos os nosos compañeir@s .








COMIAMOS TODO SEN RECHISTAR ...DESPOIS DE TANTO EXERCICIO HABÍA QUE REPOÑER FORZAS!!!




                                         
A noite caimos rendidos...


Vivimos moitas aventuras... convivimos cun cole de Vigo e fixemos novos amig@s, quedamos con algún contacto...
QUE MÁGOA QUE REMATARA...!!! 

jueves, 17 de octubre de 2013

TEMPO DE OUTONO



ACABÁRONSE AS VENDIMAS
E VEÑEN AS ESFOLLADAS
PARA COMER COS RAPACES
CATRO CASTAÑAS ASADAS...

Cantiga popular que nos lembra actividades que vemos ao noso arredor nesta época do ano, e que moitos disfrutamos ainda coa nosa familia.

Nestes días convertímonos en auténticos poetas e poetisas e estivemos a escribir os nosos sentimentos en forma de VERSOS DE OUTONO



Disfrutade dos vosos fermosos poemas!!






lunes, 16 de septiembre de 2013

DE NOVO XUNTOS!!!

Setembro:  tempo de reencontros, de comezo de actividades... logo dun  merecido descanso.

De novo xuntos... para convivir , compartir espazos, sentimentos e aprendizaxes que espero farán que rematemos a etapa de Primaria neste cole, gardando boas lembranzas.




Ánimo!!!
                                             

lunes, 24 de junio de 2013

Despedimos quinto

No parque de San Roque celebramos a despedida do curso. Volveremos a reencontrarnos en setembro coas "pilas cargadas" para afrontar o novo curso. Mentres ...tempo de descanso e lecer merecido!!!

lunes, 17 de junio de 2013

UNHA SAÍDA MOI MUSICAL

O VENRES 7 DE XUÑO, FUMOS ATA O AUDITORIO PARA ASISTIR A UN CONCERTO DIDÁCTICO QUE OFRECÍAN OS PROFES DO CONSERVATORIO.

O NOSO COMPAÑEIRO ,BRUNO, TOCOU  UNHA MELODÍA COA FLAUTA TRAVESEIRA...

  FENOMENAAAAAAL!!!

viernes, 31 de mayo de 2013

VIAXANDO NO TEMPO



VISITANDO UN CASTRO
Hoxe recibimos a visita de Johnny, un investigador da historia do noso entorno. Explicounos na biblioteca ,
a vida nos castros.
 A continuación saímos do cole en dirección á parroquia de Angoares no lugar das Searas.
Ascendimos polo foso ata atopar a porta da entrada ao poboado.
 A chuvia fixera medrar moito a vexetación pero coa axuda de Johnny, iamos comprendendo as diferentes partes dun castro.
Tivemos a sorte de atopar restos de cerámica castrense!! O monitor explicounos as súas características.




Falounos de que este castro era mineiro .O río Tea levaba ouro!!!...noutras épocas.


Polo camiño PABLO atopou un insecto e ALEX un niño.


 Tomamos o bocadillo ao pé do gran foso.



e voltamos ao cole bordeando o castro.


A nosa terra está chea de castros soterrados.
Hoxe aprendimos a observar e recoñecer no territorio algunhas das súas características.