solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

jueves, 5 de marzo de 2015

COÑECENDO O RÍO TEA

 No mes de Febreiro iniciamos o estudo dos ecosistemas comezando polo noso río Tea. Marcial e Dani , encargados do centro mediambiental da Freixa viñeron ao noso centro a darnos unha interesante charla con proxección dun video sobre as especies que habitan no río .

 Ao día seguinte, os quintos, fomos ata a Freixa.
 In situ, explicáronnos como protexen e recuperan moitas especies vexetais e animais que conforman ese entorno do río.
 Ensináronnos trampas que recollen dos cazadores e pescadores furtivos...
  
Explicáronnos como recollen e marcan as especies migratorias




E logo de descansar voltamos ao cole contentos de ter aprendido, dun xeito diferente, aspectos dos ecosistemas  que non veñen nos libros. 

Moitas grazas a Marcial e a Dani polas súas interesantes explicacións!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario