solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

viernes, 31 de mayo de 2013

VIAXANDO NO TEMPO



VISITANDO UN CASTRO
Hoxe recibimos a visita de Johnny, un investigador da historia do noso entorno. Explicounos na biblioteca ,
a vida nos castros.
 A continuación saímos do cole en dirección á parroquia de Angoares no lugar das Searas.
Ascendimos polo foso ata atopar a porta da entrada ao poboado.
 A chuvia fixera medrar moito a vexetación pero coa axuda de Johnny, iamos comprendendo as diferentes partes dun castro.
Tivemos a sorte de atopar restos de cerámica castrense!! O monitor explicounos as súas características.




Falounos de que este castro era mineiro .O río Tea levaba ouro!!!...noutras épocas.


Polo camiño PABLO atopou un insecto e ALEX un niño.


 Tomamos o bocadillo ao pé do gran foso.



e voltamos ao cole bordeando o castro.


A nosa terra está chea de castros soterrados.
Hoxe aprendimos a observar e recoñecer no territorio algunhas das súas características.

1 comentario:

  1. Que pena; no meu tempo cando saia das aulas era para comprar tabaco para certos professores. Que bom e saber e enxergar, que os nenos agora poden ter o teorico e o pratico das orixens da nossa terra.

    ResponderEliminar