solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

Mostrando entradas con la etiqueta na aula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta na aula. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO





Días previos ao festival fixemos ensaios nas aulas prefabricadas, pois na nosa aula ferviamos coa calor!!



O 20 de xuño rematamos o curso cun festival ao aire libre, alugando o colexio unha super carpa para que estiveramos todos xunt@s.
                                      
Os voluntarios fixeron "Sketchs" coa profe Elena.
Máis tarde viña a actuación de toda a clase xunta e agardabamos impacientes!!! 

                                                                                                              
Chegou o gran momento!  Jeni, Sara e Luismi leron en nome de todos unha carta de despedida do colexio que recollía as nosas reflexións.                               
                                   

   Faltaba Cholo no escenario, xa que neses días fixera unha fisura nun pé e tiña a perna escaiolada. Como non podía bailar adicámoslle o baile.  E logo a bailar!!!


                                 
 Esta foi a bonita figura que inventamos demostrando que estamos feitas de "plastilina"



 

 Ao remate do festival quedaba pouco tempo para a merendola, visionar a montaxe que Sara fixera a noite anterior, para mostrar canto medraramos nestes anos de paso polo colexio e graciosos momentos, pero ...deu tempo a todo!!!
   
              Logo viñeron as despedidas, os choros dalgunhas, as promesas de continuar chamándonos...
Tocou o timbre e marchámonos deixando atrás as nosas vivencias no Bouza Brey!!.


martes, 20 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014




Como cada  17 de maio, o día das letras Galegas, adícase a un escritor/a. Este ano coñecimos aspectos da vida e obra do autor homenaxeado: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
Estivemos confeccionando un mural, entre os sextos, que nos acompañará ata fin de curso.