solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

Mostrando entradas con la etiqueta no patio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta no patio. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO





Días previos ao festival fixemos ensaios nas aulas prefabricadas, pois na nosa aula ferviamos coa calor!!



O 20 de xuño rematamos o curso cun festival ao aire libre, alugando o colexio unha super carpa para que estiveramos todos xunt@s.
                                      
Os voluntarios fixeron "Sketchs" coa profe Elena.
Máis tarde viña a actuación de toda a clase xunta e agardabamos impacientes!!! 

                                                                                                              
Chegou o gran momento!  Jeni, Sara e Luismi leron en nome de todos unha carta de despedida do colexio que recollía as nosas reflexións.                               
                                   

   Faltaba Cholo no escenario, xa que neses días fixera unha fisura nun pé e tiña a perna escaiolada. Como non podía bailar adicámoslle o baile.  E logo a bailar!!!


                                 
 Esta foi a bonita figura que inventamos demostrando que estamos feitas de "plastilina"



 

 Ao remate do festival quedaba pouco tempo para a merendola, visionar a montaxe que Sara fixera a noite anterior, para mostrar canto medraramos nestes anos de paso polo colexio e graciosos momentos, pero ...deu tempo a todo!!!
   
              Logo viñeron as despedidas, os choros dalgunhas, as promesas de continuar chamándonos...
Tocou o timbre e marchámonos deixando atrás as nosas vivencias no Bouza Brey!!.


martes, 20 de mayo de 2014

XOGOS TRADICIONAIS

os zancos
Que mellor que comezar o día xogando?
Hoxe 16 de maio, como ven sendo habitual por estas datas no noso cole, estivemos a practicar xogos tradicionais coma os que xogaban os nosos pais/nais  e avoas /avós, cando eran cativos: a mariola, os saquiños, os aros, as chapas, as canicas, o turracordas, a chave, o pano, a petanca... 

os zancos
 


A chave



salto de altura

O rolo

O pano
                              

Os saquiños

Os aros


O turracordas

As canicas

A petanca



As chapas





 O bo tempo acompañounos e ademáis pasouse  voando!!!

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe 23 de abril celebramos o día do libro dun xeito especial!:

Onte foramos a coñecer a aula de Infantil aos neniños e neniñas que ían ser os nosos afillados.

 Só tiñan 3anos!!! Lévamoslles de agasallo un debuxiño e presentámonos.
Hoxe estábannos esperando na súa aula e fomos buscalos cun libro que eliximos pra eles.



Xunto con todos os nenos e as nenas do colexio limos e falamos un ratiño con eles.


 Algúns eran moi faladeiros e outros moi tímidos pero gustounos compartir ese momento de lectura con eles!

Ao final orballou un chisco e tivemos que refuxiarnos na entrada das aulas de infantil ata a despedida.

                                                                 

sábado, 27 de abril de 2013

MADRIÑAS E PADRIÑOS por un dia!!

Co motivo da celebración do ano internacional do libro o 23 de abril baixamos ao patio do colexio para lerlle un libro aos nosos afillados.

Apadriñamos aos neniños e neniñas de 5 anos B.


Disfrutamos dun pequeno tempo do lecer da lectura e da conversa con eles!!





jueves, 21 de febrero de 2013

Entroido 2013



ESTE ANO OS QUINTOS FUMOS DISFRAZADOS DE "WALLY".
CANTAMOS  COPLAS , COMIMOS SOBREMESAS DE ENTROIDO, GRAZAS Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, E DISFRUTAMOS DO DESFILE DE ENTROIDO NO PATIO.
Aquí vemos a Lorena, Patri e María, moi simpáticas, disfrazadas de Wally. Onde estará o verdadeiro?

lunes, 12 de noviembre de 2012

POR FIN ...MAGOSTO!

LEVABAMOS TEMPO AGARDANDO Á CELEBRACIÓN DO MAGOSTO NO COLEXIO!!
MENTRAS ...NA CASA, FIXEMOS FERMOSOS DESEÑOS PARA RECOLLER CASTAÑAS, DESDE O CUCURUCHO TRADICIONAL ATA A METADE DO  ENVASE TETRA- BRIK CON VARIOS DEPARTAMENTOS!!!


POR FIN HOXE 12 DE NOVEMBRO, O SOL ACOMPAÑOUNOS,  E BAIXAMOS AO PATIO, CO BULLO E CASTAÑAS RECOLLIDAS NA SEMANA ANTERIOR.




     MENTRES OS MESTRES ASABAN AS CASTAÑAS ...

OUTROS ENTRETÍÑANSE XOGANDO




PRIMEIRO ERAN POUCOS PERO POUCO A POUCO XUNTÁRONSE MÁIS!!!





ALGÚNS AGARDABAN TURNO PARA COLLER CASTAÑAS

ELIXINDO AS MELLOR ASADAS!!
E PARA REMATAR.... SEN ENFARRUSCARSE ALGUÉN ...NON PODÍA QUEDAR!!!