solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

viernes, 19 de febrero de 2016

Visitounos Ledicia Costas

Recibimos a Ledicia, no ximnasio do cole. De seguido, representantes dos diferentes cursos de sexto, lémoslle a súa biografía, recitámoslle uns poemas que ela escribira, e fixémoslle preguntas que amablemente contestou.
Disfrutamos tamén da súa simpatía e das anécdotas que nos contou.


Entregámoslle uns agasallos, e entre eles, un libro que elaboraramos días antes da súa chegada, todos os cursos de sexto,  con acrósticos...inspirados no nome dos personaxes do seu libro: "Escarlatina, a cociñeira pantasma".

Para rematar o acto degustamos postres que nenos e nenas de sexto, fixeran o día anterior, nas súas casas, coas receitas que viñan no libro de Escarlatina. Por parte da nosa aula, aplaudimos a Andrés, Mónica e Yaiza que trouxeron estos riquísimos brownies e galletas de chocolate!!

 

Ledicia asinou moitos autógrafos. Agardamos poder disfrutar da lectura do seu novo libro que nos da a coñecer a Escarlatina antes de ser defunta!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario