solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

domingo, 28 de febrero de 2016

A Rosalía

Este 24 de febreiro, lembramos a figura de Rosalía,e construímos parte do poema "Adiós ríos, adiós fontes"onde cada colibrí leva o son dos seus versos. 
Poema que nos lembra a tristeza de deixar a terra onde se nace, tan vixente hoxe en día.

Animádevos a aprendelo:

Adiós, ríos; adiós fontes; 
adiós, regatos pequenos; 
adiós, vista dos meus ollos, 
non sei cando nos veremos. 

Miña terra, miña terra, 
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto 
figueiriñas que prantei, 

prados, ríos, arboredas, 
pinares que move o vento, 
paxariños piadores, 
casiña do meu contento, 

muíño dos castañares, 
noites craras de luar, 
campaniñas trimbadoras 
da igrexiña do lugar, 

amoriñas das silveiras 
que eu lle daba ó meu amor, 
camiñiños antre o millo, 
¡adiós, para sempre adiós! 

¡Adiós groria! ¡adiós contento! 
¡Deixo a casa onde nacín, 
deixo a aldea que conoço 
por un mundo que non vin! 

Deixo amigos por estraños, 
deixo a veiga polo mar, 
deixo, en fin, canto ben quero... 
¡Quén pudera non deixar...! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario