solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

sábado, 21 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO





Días previos ao festival fixemos ensaios nas aulas prefabricadas, pois na nosa aula ferviamos coa calor!!



O 20 de xuño rematamos o curso cun festival ao aire libre, alugando o colexio unha super carpa para que estiveramos todos xunt@s.
                                      
Os voluntarios fixeron "Sketchs" coa profe Elena.
Máis tarde viña a actuación de toda a clase xunta e agardabamos impacientes!!! 

                                                                                                              
Chegou o gran momento!  Jeni, Sara e Luismi leron en nome de todos unha carta de despedida do colexio que recollía as nosas reflexións.                               
                                   

   Faltaba Cholo no escenario, xa que neses días fixera unha fisura nun pé e tiña a perna escaiolada. Como non podía bailar adicámoslle o baile.  E logo a bailar!!!


                                 
 Esta foi a bonita figura que inventamos demostrando que estamos feitas de "plastilina"



 

 Ao remate do festival quedaba pouco tempo para a merendola, visionar a montaxe que Sara fixera a noite anterior, para mostrar canto medraramos nestes anos de paso polo colexio e graciosos momentos, pero ...deu tempo a todo!!!
   
              Logo viñeron as despedidas, os choros dalgunhas, as promesas de continuar chamándonos...
Tocou o timbre e marchámonos deixando atrás as nosas vivencias no Bouza Brey!!.


No hay comentarios:

Publicar un comentario