solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

sábado, 21 de junio de 2014

DESPEDIDA

Cada grupo de alumn@s deixa unha fermosa  pegada en min. 
Non me quero despedir de todo, porque estou segura que nos veremos e me contaredes que tal vos vai no "insti". 
Confiade nas vosas posibilidades e combinádeas con esforzo persoal, xa veredes que é a combinación perfecta para chegar ao final dos estudos que vos propoñades facer.
Desde aquí agradecer as vosas familias a confianza e a colaboración na vosa formación.
Teño que agradecervos que me fixerades sentir que a pesar dos momentos de enfado... recoñecistes a miña intención,como mestra, de ser partícipe da vosa formación como persoas que representades o futuro desta sociedade, tan necesitada de xente que aprecie a colaboración e a amizade, como valores fundamentais. 
                                                        Un abrazo
                                                                              Isabel

No hay comentarios:

Publicar un comentario