Este curso decidimos presentar tres contos elaborados na aula, ao concurso de relatos curtos, proposto polo Concello, chamado: "Ai, mamasiña que medo!".
Despois dunha difícil selección, na nosa aula, xa que as narracións dos participantes voluntarios: David, Noelia, Andrea,Roberto,Yanira, Mauro,Olympia, Paula, Óscar e Julia eran historias moi ben construídas, houbo que decidir tres, pois as bases do concurso non permitían máis.

Quedamos abraid@s cando, o día 30 de outubro, soubemos que os gañadores do concurso foran tres nen@s do noso colexio!! Juan de 6ºA e Julia e Olympia de 6º C !!! Un aplauso moi forte para eles e ogallá sigan escribindo moitos relatos máis!!
Hoxe, mentras agardábamos os resultados!
Olympia recibiu un ACCESIT!!
Julia, o SEGUNDO PREMIO!!

e Juán, de 6ºA, o PRIMEIRO PREMIO!!!
NORABOA AOS TRES !!!!