solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

martes, 15 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018


Este ano, unha muller acada a homenaxe do día das nosas Letras!


Se queres saber algo sobre Mª Victoria Moreno, copia este enlace e participa no concurso interactivo!!

https://www.dacoruna.gal/normalizacion/video-interactivo-maria-victoria-moreno

ESTA  ESCRITORA CULTIVOU A NARRATIVA E A POESÍA E DIRIXIU O SEU TRABALLO PRINCIPALMENTE, PARA O PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL.

A PESAR DE NON SER NADA EN GALICIA ESCRIBIU A MAIOR PARTE DA SÚA OBRA EN GALEGO. NUNHA OCASIÓN AFIRMOU QUE  A SÚA RELACIÓN COA  LINGUA  GALEGA ERA UNHA HISTORIA DE AMOR.

Anímate a aprender este fermoso poema dela, que aparece no libro: Eu conto, ti cantas...


¡XA NON TEÑO MEDO!    (fragmento)

Eu durmo na bufarda
porque son malo,
porque esperto de noite
e porque falo.

       Mais mamá dixo
       que podía chamala
       de ser preciso.

*  *   *

Anque os primeiros días
pasei ben medo
coas sombras, cos ruídos
e co silencio,
      
       souben axiña
       que a noite é unha festa
       moi divertida.

              *  *  *
Cando a nai mata as luces
nace un silencio
que é redondo e escuro,
mais non dá medo

       Cómpre afacerse
       e as faíscas e as voces
       logo aparecen 

                   *   *  *

O reloxo da sala
óese ao lonxe
e eu agardo entre as sabas
que cante as doce,

       para que saian
       os diabriños que viven
       na miña casa.

                        *  *  *

No armario máis pequeno
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
       Dormen de día
       e polas noites traman
       mil ousadías!
                       
Estas foron as caricaturas da escritora na que participaron todos os 6º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario