solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

sábado, 26 de mayo de 2018

ALFOMBRA NA PRAZA MAIOR


Agradecemos a visita da profesora, xa xubilada, MªJosé Sestelo, que estivo explicándonos todos os traballos previos á confección dunha alfombra na Festa do Corpus en Ponteareas.
Como experta no deseño do alfombrado das rúas, xa que desde pequena, ano tras ano, dirixe o alfombrado da rúa dos Ferreiros, atendeu ás nosas preguntas e contounos anécdotas moi divertidas e interesantes.
Posteriormente, nas aulas, elaboramos os nosos deseños dunha alfombra co aliciente de que ían ser seleccionadas para a confección dunha alfombra na Praza Maior do pobo, o Día das Letras galegas.


Na Praza Maior de Ponteareas, en colaboración con outros centros de ensino, se fixo unha alfombra coa caricatura  de Mª Victoria Moreno no centro e rodeada dos diferentes deseños propostos polos centros escolares participantes.
 Todos os sextos colaboraron na súa elaboración, atendendo ás instrucións da asociación de alfombristas.


 Resultou elixida a proposta da nosa compañeira Noa, para representar á escritora!!!

 Para os cadrados  que a rodeaban foron seleccionadas catro, unha por cada curso de sexto. Da nosa aula resultou elixida a do noso compañeiro Félix!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario