solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

martes, 16 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS

O Día das Letras galegas , deste ano 2017, está adicado a Carlos Casares (Ourense, 1941- Vigo, 2002). Foi un escritor que cultivou sobre todo a Narrativa con relatos, novelas, contos para nenos, ensaios. Colaborou en numerosas revistas e xornais, fixo traducións ao galego e tamén escribiu poemas. 
Destacaremos da literatura para nenos  obras como: A galiña azul (1968) e a obra de teatro
As laranxas mais laranxas de todas as laranxas ( 1973,Premio "O Facho").

Foi membro da Real Academia Galega, deputado autonómico no primeiro Parlamento de Galicia, presidente do Consello da Cultura Galega, director da editorial Galaxia e da revista Grial.
 

                                             AQUÍ TEMOS UN FERMOSO POEMA DO AUTOR  :
Mural feito polo alumnado de Educación Cívica
Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
          e ás tardes fermosas que se acaban.
  

                                                                    Amemos
                                              inda que a espranza turre cara abaixo
                                           a vencellarnos sempre contra nuncas
                                                de campos sen aire e corazóns parados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario