solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

lunes, 16 de mayo de 2016

CORRELINGUA 2016

HOXE CELEBRAMOS CUNHA CHEA DE COLES DO NOSO CONCELLO E DOUTROS CONCELLOS VECIÑOS,O CORRELINGUA 2016!


FIXEMOS UN PERCORRIDO POLAS RÚAS DO POBO,SAÍNDO DA FEIRA VELLA,ONDE NENOS E NENAS DE PRIMARIA LERON UN MANIFESTO EN FAVOR DO USO DA NOSA LINGUA.
 PASANDO POLA PRAZA MAIOR VIMOS A FERMOSA ALFOMBRA QUE SE FIXO 
PARA A OCASIÓN!
E A NOSA MENINA!!


 REMATAMOS ESCOITANDO A UN GRUPO DE ROCK, NA FEIRA VELLA!!

Lembraremos as palabras de Manuel María no seu poema "A Fala"

O idioma é a chave 
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001)

No hay comentarios:

Publicar un comentario