solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

jueves, 28 de abril de 2016

APADRIÑAMOS LECTORES

Co motivo da celebración do día do Libro, celebramos o apadriñamento lector. Uns días antes (venres)fomos coñecer aos nosos afillados e afilladas de Educación Infantil; levámoslle un pequeniño agasallo, para que nos lembraran: O debuxo do noso nome.
O luns seguinte ,fumos recollelos á súa aula e buscamos un rincón á sombra para poderlle ler un conto que a nós, cando eramos pequenos coma eles, nos gustara moito.

     Estiveron moi atent@s!!!
 Faciámoslle preguntas para ver se comprendían o que lle leiamos.
Ao rematar de ler o conto... poidemos xogar con eles, un ratiño.
Ao finalizar, voltamos ás aulas coa simpática foto de Eloy, Óscar e Pablo, cos personaxes principais do conto de "Alicia no país das marabillas".
                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario