Días antes da celebración colectiva do día internacional escolar da Paz e a Non violencia, estivemos traballando o poema de Gloria Fuertes" Solo tres letras", a canción de Abraham Mateo "Lánzalo" e construímos, xunto cos de 6ºD este fermoso mural.
Nel escribimos as nosa mensaxes pacifistas e aprendimos a palabra PAZ en varios idiomas.
Cando chegou o día 29 de xaneiro (venres) baixamos ao patio todo o colexio e cantamos a canción de Abraham Mateo, e enchimos as caixiñas coas estreliñas de cada curso. A continuación cada curso recolleu unha caixiña doutro curso e levouna para a súa aula, simbolizando a acción: Compartir algo de un cos demais. 




No hay comentarios:
Publicar un comentario