solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

sábado, 31 de enero de 2015

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O día 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz e a Non violencia en homenaxe a Ghandi e a todas aquelas persoas que denuncian as inxustizas do mundo que nos toca vivir. 

Elas coa súa palabra e exemplo de vida, de loita pacífica, fan que reflexionemos e non quedemos calados cando vexamos que non se respetan os dereitos das persoas.
Estes días estivemos elaborando un mural inspirado no poema da escritora cordobesa Inmaculada Díaz, no que incluímos frases de MALALA e os nosos poemas de paz.
"AMIGOS DE COLORES"
TENGO UN AMIGO
COLOR CHOCOLATE,
CHATA LA NARIZ
LABIOS GRANATE.

TENGO OTRO AMIGO
COLOR AMARILLO
OJOS RASGADOS
NEGRO FLEQUILLO.

FALTA MI AMIGO
COLOR ACEITUNA,
DULCE MIRADA.
RISA DE LUNA.
YO SOY DE NATA
DICE MI ABUELO
AZULES LOS OJOS
RUBIO EL CABELLO.
AMIGOS DE COLORES
UNAMOS LAS MANOS
NEGRO, AMARILLO
ACEITUNA, BLANCO.
UN GRAN ARCO IRIS
TODOS FORMAMOS.
ASI QUEDOU O NOSO MURAL DA PAZ !!!

Fermosa canción de Cómplices que nos permite soñar...un mundo mellor



Agora le este fermoso poema que invita a pensar ... 
Anímate a aprendelo de memoria!

 A TERRA DURMIDA  (Antonio   García Teijeiro)


A Terra durmida
sentiu no seu seo
disparos de chumbo
disparos de xeo.

Moreas de nenos
co seu agarimo
fixeron da guerra
un mar de aloumiños.

E foron as nenas
deitando dozura
as que converteron
o medo en ternura.

A Terra durmida
non quere espertar.
Está aquí moi ferida
non pode xirar.

Meniñas meniños
De tódalas cores
cubriron a Terra
de beixos e flores.

A Terra abre un ollo
e sente calor
escoita baixiño
sonatas de amor.

E xira que xira
coitada, a modiño,
Rapazas, rapaces
co voso cariño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario