solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

miércoles, 30 de enero de 2013

PISADAS E MEDICAMENTOS PARA A PAZ

Como cada ano,o 30 de xaneiro, celebramos o día internacional da Paz e a Non violencia, rememorando a Mahatma Gandhi. A súa vida e as súas sabias palabras ensínannos que a través de accións non violentas, debemos buscar solucións aos nosos conflictos.

Unha das frases máis coñecidas : Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño" levounos a facer "camiños" desde todas as aulas,que percorreran os corredores do colexio, incluindo desexos pacifistas. Mostramos a "Pisada " de Pablo , a modo de exemplo:


Ademáis a proposta do equipo de biblioteca, elaboramos uns medicamentos que non se venden nas farmacias, pero que cremos van ser moi eficaces neste mundo que nos toca vivir , se facemos caso das súas indicacións...

Aquí vemos a proposta de Amanda, a modo de exemplo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario