PRESÉNTOVOS ESTA PORTADA DUN LIBRO ESCRITO POR GIANNI RODARI , MESTRE ITALIANO, CREADOR DA GRAMÁTICA DA FANTASÍA, POLA QUE ANIMABA AOS SEUS ALUMNOS A ESCRIBIR CONTOS, UTILIZANDO DIVERTIDAS ESTRATEXIAS .
UNHA DELAS É ESTA, VEREDES...
Trátase de que inventedes un conto no que deben aparecer todas as palabras da portada do libro e os elementos da súa ilustración.
A modo de exemplo e antes de que fagades os vosos relatos, propóñovos que leades dous, feitos o curso pasado, para que entendades ben a idea. As palabras en vermello son as da portada, algunhas a propósito lixeiramente "transformadas".
Os heroes de Alfaguara
Unha vez no pobo do lexano oeste chamado “Irador” había dous coñecidos vaqueiros ( digo coñecidos , porque no pobo había apenas 100 persoas), chamados Gianni e Raguj .
Un día decidiron sair daquel pobo tan aburrido para irse á cidade “Alfaguara”. Cando chegaron os dous quedaron abraiados cos parques, as escolas infantís, as librerías de contos...
O que eles non sabían era que á cidade chegara un malvado home que quería acabar co edificio máis alto da cidade , que era o museo . A rabia de Fantil ( así era como se chamaba) cara ese edificio era porque o despediran, había dous anos.
Gianni e Raguj enteráronse e tramaron un plan, que consistía en que cando Fantil fora facer estoupar os explosivos, colleríanno co lazo e levaríanno á policía.
Así foi, na tarde do 23 de marzo, os vaqueiros colleron a Fantil e convertíronse nos heroes de Alfaguara.
A xente descubriu que os heroes da cidade eran vaqueiros , e que unha das características dos vaqueiros son os sombreiros!, así que para conmemoralo, todos os 23 de marzo, xúntanse na praza e tiran á vez os seus sombreiros ao ceo.
-FIN-
Autor: Anxo
Sombreiros voadores
Había unha vez unha cidade chamada Rodari, onde abriran unha escola chamada Contos.
O profesor Alfaguara pedíralles xoguetes infantís dos que xa non usaban, e así ao fin de cada ano mandaban uns a unha ONG infantil de nenos pobres e outros vendíaos para mandar os cartos a África.
Este ano gañaron o premio “Gianni” por facer tantas donacións. Este consistía en rodar unha película na súa cidade.
A peli levaba por título “ sombreiros voadores “. Participaron todas as nenas e nenos da escola.
Agora son moi famosos grazas a esa película. Ata teñen o museo máis colorido do mundo, onde podes atopar todos os sombreiros de formas e cores que imaxines :amarelo, azuis, laranxa, rosa, azul,verde...O museo tamén ten unhas estatuas na porta,que ninguén sabe se son cans, se gatos, se cabalos ...pero molan.
Bueno aquí remata esta historia.
e colorín colorado
esta historia complicada
deixoume abraiada!.
Autora: Laura
No hay comentarios:
Publicar un comentario