solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

lunes, 13 de febrero de 2012

DANDO A COÑECER OS ECOSISTEMAS

Hoxe luns 13 de febreiro, continuamos coa segunda semana das explicacións dos ecosistemas , a outros grupos. Da nosa clase, Alba presentouse voluntaria, xa que o seu irmán , que está no curso de 2º A, ía  escoitala.
                                         
                                Conseguimos animar a Leire , que non se atrevía , pero que tamén  o fixo moi ben

Hoxe martes, tocoulle o turno a Rubén que volveu a expoñer (pero esta vez con sombreiro), e tiña moita ilusión de facelo diante da súa irmá máis pequena que o seguía atentamente.



 Florencia, por fin, animouse a presentar a sabana e ao final quedou contenta da experiencia.


Hoxe mércores 15, Marta e Laura Estevez ,ataviadas según as ordes do Meco, expuxeron ante un grupo de 2º de Primaria. Marta presentou datos sobre a sabana e sobre o leopardo e Laura falou das cebras xa que foran os animais que fixeran para a expo e sobre o que investigaran.
     


A continuación ,Jorge xunto con Jardel, falaron para un curso de 3º de Primaria. Jorge informou sobre o hipopótamo e Jardel sobre o puma.
Ambos quedaron moi satisfeitos coa experiencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario