solpor


CORES LARANXAS, AMARELAS , VERMELLAS... NA TARDIÑA.

jueves, 15 de diciembre de 2011

REUTILIZANDO E ...CREANDO
En Coñecemento do Medio estudamos os ecosistemas. Propuxémonos entre todas as clases de sexto expoñer os máis representativos para que nenos e nenas doutros cursos poideran velos "en directo".
Ao noso curso tocoulle representar o ecosistema : A sabana.
Nas clases de plástica aprendimos a facer animais, árbores... reutilizando xornais e usando a técnica de tiras de papel de xornal untadas en  cola de empapelar.

Pouco a pouco os animaliños foron collendo forma e "molou" ver como ían aparecendo : elefantes, xirafas, cebras, leóns, guepardos...


A profe felicitounos por ter conseguido uns parecidos  "impresionantes" sendo a primeira vez que o faciamos.


Por último barnizámolos á espera de montar a exposición de todos os ecosistemas xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario